From a1bc21b12c32a34e79f8d125651a61cebe108335 Mon Sep 17 00:00:00 2001 From: Javier Moran Rua Date: Wed, 25 Jul 2012 20:54:08 +0200 Subject: [PATCH] [doc] Added project dashboard help in Galician --- doc/src/user/gl/17-panel-indicadores.rst | 168 +++++++++++++++++++++++ doc/src/user/gl/index.rst | 40 ++++++ 2 files changed, 208 insertions(+) create mode 100644 doc/src/user/gl/17-panel-indicadores.rst create mode 100644 doc/src/user/gl/index.rst diff --git a/doc/src/user/gl/17-panel-indicadores.rst b/doc/src/user/gl/17-panel-indicadores.rst new file mode 100644 index 000000000..c129d6a62 --- /dev/null +++ b/doc/src/user/gl/17-panel-indicadores.rst @@ -0,0 +1,168 @@ +Panel de indicadores +#################### + +.. contents:: + +O panel de indicadores é unha perspectiva de *LibrePlan* que contén un +conxunto de *indicadores de rendemento* que axudan a coñecer como está +a resultar un proxecto de acordo a: + + * como está a progresar o traballo que hai que realizar para levalo a cabo. + * canto está a custar. + * o estado dos recursos asignados. + * as restricións de tempo. + +Indicadores de rendemento de proxecto +===================================== + +Calculáronse dous indicadores: a porcentaxe de progreso de proxecto e o +estado das tarefas. + +Porcentaxe de progreso de proxecto +---------------------------------- + +É unha gráfica onde o progreso global dun proxecto calcúlase e contrástase +co valor esperado de progreso que o proxecto debería ter de acordo ao +*Gantt* + +O progreso represéntase a través de dúas barras: + + * **Progreso actual**. É o progreso existente no momento presente de acordo + ás medicións realizadas. + * **Progreso esperado**. É o progreso que o proxecto debería ter no + momento actual de acordo á planificación creada. + +O progreso global de proxecto estímase de varias maneiras diferentes, xa que non +existe unha maneira única correcta de facelo: + + * **Progreso propagado**. É o tipo de progreso marcado para propagar a nivel + do proxecto. Neste caso, ademais, non existe maneira de calcular un + valor de progreso esperado e, en consecuencia, unicamente móstrase a barra de progreso + actual. + * **Por horas de todas as tarefas**. O progreso de todas as tarefas do + proxecto é promediado para calcular o valor global. É unha media + ponderada que toma en conta o número de horas asignado a cada tarefa. + * **Por horas do camiño crítico**. O progreso de todas as tarefas + pertencentes a algún dos camiños críticos do proxecto é promediado + para obter o valor global. Faise unha media ponderada que toma en conta + as horas asignadas totais a cada unha das tarefas implicadas. + * **Por duración do camiño crítico**. O progreso das tarefas + pertencentes a algún dos camiños críticos se promedia a través dunha + media ponderada pero, nesta ocasión, tendo en conta a duración das + tarefas implicadas en lugar das horas asignadas. + +Estado das tarefas +------------------ + +O estado das tarefas represéntase a través dun gráfico de torta que recolle a porcentaxe das tarefas +do proxecto nos diferentes estados posibles. Estes estados posibles son os +seguintes: + + * **Finalizadas**. Son as tarefas completadas, detectadas por un valor de progreso + do 100% medido. + * **En curso**. Son as tarefas que se atopan empezadas. Teñen un valor de progreso + diferente de 0% e de 100% ou, tamén, algún tempo dedicado. + * **Preparadas para comezar**. Teñen un valor de progreso do 0%, non teñen + tempo traballado imputado, todas as tarefas dependentes *FIN_A_INICIO* + están *finalizadas* e todas as tarefas dependentes *INICIO_A_INICIO* están + *finalizadas* ou *en curso*. + * **Bloqueadas**. Son tarefas que teñen un 0% de progreso, sen tempo + imputado e coas tarefas das que se depende previas nun estado + diferente a *en curso* e a *preparadas para comezar*. + +Indicadores de custo +==================== + +Hai varios indicadores de *Valor Gañado* calculados no panel: + + * **CV (Varianza de custo)**. É a diferenza entre a *Curva de Valor + Gañado* e a *Curva de Custo Real* no momento presente. Valores + positivos indican beneficio, mentres que valores negativos perda. + * **ACWP (Custo real do traballo realizado)**. É o número total de horas + imputadas no proxecto até o momento actual. + * **CPI (Indice de rendemento en custo)**. É o cociente *Valor Gañado/ Custo + real*. + + * > 100 é bo, significa que se está baixo orzamento. + * = 100 é bo igualmente, significa está cun custo exactamente igual + ao plan trazado. + * < 100 é malo, significa que o custo de completar o traballo é máis + alto que o planificado. + + * **ETC (Estimación para compleción)**. É o tempo que está pendente de realizar + para finalizar o proxecto. + * **BAC (Orzamento en compleción)**. É o tempo total asignado no plan + de proxecto. + * **VAC (Varianza en compleción)**. É a diferenza entre o *BAC* e o + *ETC*. + + * < 0 é estar sobre orzamento. + * > 0 é estar baixo orzamento. + +Recursos +======== + +Para analizar o proxecto desde o punto de vista dos recursos proporciónanse 2 cocientes e 1 histograma. + +Histograma de desvío estimado en tarefas completadas +---------------------------------------------------- + +Calcúlase o desvío entre o número de horas asignadas ás tarefas do +proxecto e o número final de horas dedicadas ás mesmas. + +O desvío calcúlase en porcentaxe para todas para todas as tarefas terminadas e +os desvíos calculados represéntanse nun histograma. No eixo vertical móstranse o número de tarefas que están nun determinado intervalo de desvío. +Seis intervalos de desvío calcúlanse dinámicamente. + +Cociente de sobrecarga +---------------------- + +Resume a sobrecarga dos recursos que se asignan nas tarefas do proxecto. +Calcúlase de acordo á fórmula: **cociente de sobrecarga = sobrecarga / (carga + sobrecarga)**. + + * = 0 é bo, significa que os recursos non están sobrecargados. + * > 0 é malo, significa que os recursos están sobrecargados. + +Cociente de dispoñibilidade +--------------------------- + +Resume a capacidade que está dispoñible para asignar nos recursos do +proxecto. Por tanto é unha medida da dispoñibilidade dos recursos para +recibir máis asignacións sen ser sobrecargados. Calcúlase como: **cociente de dispoñibilidade += (1 - carga/capacidade)*100** + + * Os valores posibles están entre 0% (completamente asignados) e 100% (non + asignados) + +Tempo +===== + +Inclúense dúas gráficas de tempo: un histograma para a desviación de tempo +á finalización das tarefas dos proxectos e un gráfico de torta +para as violacións de data de entrega. + +Adianto ou atraso na compleción das tarefas +------------------------------------------- + +Calcúlase a diferenza en días entre a data de finalización planificada +para as tarefas do proxecto e o seu tempo de finalización real. A data de terminación +prevista obtense do *Gantt* e a data de terminación real obtense a partir da data do traballo imputado á tarefa máis recente. + +O atraso ou adianto na compleción das tarefas represéntase a través dun +histograma. No eixo vertical represéntanse o número de tarefas cun +número de días de adianto ou atraso incluídas no intervalo indicado +na abcisa. Calcúlase seis intervalos de desvío na compleción de tarefas de forma dinámica. + + * Valores negativos indican terminación antes de tempo. + * Valores positivos indican terminación con atraso. + +Violacións de data de entrega +----------------------------- + +Por unha banda calcúlase a marxe coa data de entrega de proxecto, se esta é configúrada. Doutra banda píntase un gráfico de sectores coa porcentaxe de tarefas +que cumpren a data de entrega. Inclúense tres tipos de valores: + + * Porcentaxe de tarefas sen data de entrega configurada. + * Porcentaxe de tares finalizadas cunha data de terminación real posterior + á data de entrega configurada. A data de finalización real obtense + o último traballo rexistrado na tarefa. diff --git a/doc/src/user/gl/index.rst b/doc/src/user/gl/index.rst new file mode 100644 index 000000000..3aab41acf --- /dev/null +++ b/doc/src/user/gl/index.rst @@ -0,0 +1,40 @@ +####################################### +Documentación de usuario da aplicación +####################################### + +.. image:: images/logo.png + :align: left + +No seguinte documento proporciónase a documentación de axuda necesaria para utilizar LibrePlan, a aplicación web de código aberto para a planificación de proxectos. + +Esta documentación está organizada do seguinte modo: + +En primeiro lugar descrébense os obxectivos fundamentais da aplicación e o comportamento global da mesma a modo introductorio e como contextualización xeral do uso da mesma. + +A continuación introdúcense as entidades básicas que será necesario administrar para poder empregar todas as funcionalidades de LibrePlan e que se mencionarán nas seguintes seccións da documentación. + +Posteriormente, detállanse os procesos completos de creación de pedidos e proxectos, planificación, asignación de recursos, imputación de avances e extración de resultados. + +Este manual de usuario ten copyright da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia publicase cunha Licencia Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España. + +http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/ + +#. `Introdución <01-introducion.html>`__ +#. `Criterios <02-criterios.html>`__ +#. `Calendarios <03-calendarios.html>`__ +#. `Avances <04-avances.html>`__ +#. `Xestión de recursos <05-recursos.html>`__ +#. `Pedidos e elementos de pedidos <06-pedidos.html>`__ +#. `Planificación de tarefas <07-planificacion.html>`__ +#. `Asignación de recursos <08-asignacion.html>`__ +#. `Partes de traballo <09-partes.html>`__ +#. `Etiquetas <10-etiquetas.html>`__ +#. `Materiais <11-materiales.html>`__ +#. `Formularios de calidade <12-formularios-calidad.html>`__ +#. `Usuarios <13-usuarios.html>`__ +#. `Xestión de custos <14-custos.html>`__ +#. `Informes <15-informes.html>`__ +#. `Configuracion LDAP <16-ldap-authentication.html>`__ +#. `Panel de indicadores <17-panel-indicadores.html>`__ +#. `Acerca de <20-acerca-de.html>`__ +#. `Licencia do Manual <99-licencia.html>`__