[doc] Added project dashboard help in Galician

This commit is contained in:
Javier Moran Rua 2012-07-25 20:54:08 +02:00
parent dec1fc8759
commit a1bc21b12c
2 changed files with 208 additions and 0 deletions

View file

@ -0,0 +1,168 @@
Panel de indicadores
####################
.. contents::
O panel de indicadores é unha perspectiva de *LibrePlan* que contén un
conxunto de *indicadores de rendemento* que axudan a coñecer como está
a resultar un proxecto de acordo a:
* como está a progresar o traballo que hai que realizar para levalo a cabo.
* canto está a custar.
* o estado dos recursos asignados.
* as restricións de tempo.
Indicadores de rendemento de proxecto
=====================================
Calculáronse dous indicadores: a porcentaxe de progreso de proxecto e o
estado das tarefas.
Porcentaxe de progreso de proxecto
----------------------------------
É unha gráfica onde o progreso global dun proxecto calcúlase e contrástase
co valor esperado de progreso que o proxecto debería ter de acordo ao
*Gantt*
O progreso represéntase a través de dúas barras:
* **Progreso actual**. É o progreso existente no momento presente de acordo
ás medicións realizadas.
* **Progreso esperado**. É o progreso que o proxecto debería ter no
momento actual de acordo á planificación creada.
O progreso global de proxecto estímase de varias maneiras diferentes, xa que non
existe unha maneira única correcta de facelo:
* **Progreso propagado**. É o tipo de progreso marcado para propagar a nivel
do proxecto. Neste caso, ademais, non existe maneira de calcular un
valor de progreso esperado e, en consecuencia, unicamente móstrase a barra de progreso
actual.
* **Por horas de todas as tarefas**. O progreso de todas as tarefas do
proxecto é promediado para calcular o valor global. É unha media
ponderada que toma en conta o número de horas asignado a cada tarefa.
* **Por horas do camiño crítico**. O progreso de todas as tarefas
pertencentes a algún dos camiños críticos do proxecto é promediado
para obter o valor global. Faise unha media ponderada que toma en conta
as horas asignadas totais a cada unha das tarefas implicadas.
* **Por duración do camiño crítico**. O progreso das tarefas
pertencentes a algún dos camiños críticos se promedia a través dunha
media ponderada pero, nesta ocasión, tendo en conta a duración das
tarefas implicadas en lugar das horas asignadas.
Estado das tarefas
------------------
O estado das tarefas represéntase a través dun gráfico de torta que recolle a porcentaxe das tarefas
do proxecto nos diferentes estados posibles. Estes estados posibles son os
seguintes:
* **Finalizadas**. Son as tarefas completadas, detectadas por un valor de progreso
do 100% medido.
* **En curso**. Son as tarefas que se atopan empezadas. Teñen un valor de progreso
diferente de 0% e de 100% ou, tamén, algún tempo dedicado.
* **Preparadas para comezar**. Teñen un valor de progreso do 0%, non teñen
tempo traballado imputado, todas as tarefas dependentes *FIN_A_INICIO*
están *finalizadas* e todas as tarefas dependentes *INICIO_A_INICIO* están
*finalizadas* ou *en curso*.
* **Bloqueadas**. Son tarefas que teñen un 0% de progreso, sen tempo
imputado e coas tarefas das que se depende previas nun estado
diferente a *en curso* e a *preparadas para comezar*.
Indicadores de custo
====================
Hai varios indicadores de *Valor Gañado* calculados no panel:
* **CV (Varianza de custo)**. É a diferenza entre a *Curva de Valor
Gañado* e a *Curva de Custo Real* no momento presente. Valores
positivos indican beneficio, mentres que valores negativos perda.
* **ACWP (Custo real do traballo realizado)**. É o número total de horas
imputadas no proxecto até o momento actual.
* **CPI (Indice de rendemento en custo)**. É o cociente *Valor Gañado/ Custo
real*.
* > 100 é bo, significa que se está baixo orzamento.
* = 100 é bo igualmente, significa está cun custo exactamente igual
ao plan trazado.
* < 100 é malo, significa que o custo de completar o traballo é máis
alto que o planificado.
* **ETC (Estimación para compleción)**. É o tempo que está pendente de realizar
para finalizar o proxecto.
* **BAC (Orzamento en compleción)**. É o tempo total asignado no plan
de proxecto.
* **VAC (Varianza en compleción)**. É a diferenza entre o *BAC* e o
*ETC*.
* < 0 é estar sobre orzamento.
* > 0 é estar baixo orzamento.
Recursos
========
Para analizar o proxecto desde o punto de vista dos recursos proporciónanse 2 cocientes e 1 histograma.
Histograma de desvío estimado en tarefas completadas
----------------------------------------------------
Calcúlase o desvío entre o número de horas asignadas ás tarefas do
proxecto e o número final de horas dedicadas ás mesmas.
O desvío calcúlase en porcentaxe para todas para todas as tarefas terminadas e
os desvíos calculados represéntanse nun histograma. No eixo vertical móstranse o número de tarefas que están nun determinado intervalo de desvío.
Seis intervalos de desvío calcúlanse dinámicamente.
Cociente de sobrecarga
----------------------
Resume a sobrecarga dos recursos que se asignan nas tarefas do proxecto.
Calcúlase de acordo á fórmula: **cociente de sobrecarga = sobrecarga / (carga + sobrecarga)**.
* = 0 é bo, significa que os recursos non están sobrecargados.
* > 0 é malo, significa que os recursos están sobrecargados.
Cociente de dispoñibilidade
---------------------------
Resume a capacidade que está dispoñible para asignar nos recursos do
proxecto. Por tanto é unha medida da dispoñibilidade dos recursos para
recibir máis asignacións sen ser sobrecargados. Calcúlase como: **cociente de dispoñibilidade
= (1 - carga/capacidade)*100**
* Os valores posibles están entre 0% (completamente asignados) e 100% (non
asignados)
Tempo
=====
Inclúense dúas gráficas de tempo: un histograma para a desviación de tempo
á finalización das tarefas dos proxectos e un gráfico de torta
para as violacións de data de entrega.
Adianto ou atraso na compleción das tarefas
-------------------------------------------
Calcúlase a diferenza en días entre a data de finalización planificada
para as tarefas do proxecto e o seu tempo de finalización real. A data de terminación
prevista obtense do *Gantt* e a data de terminación real obtense a partir da data do traballo imputado á tarefa máis recente.
O atraso ou adianto na compleción das tarefas represéntase a través dun
histograma. No eixo vertical represéntanse o número de tarefas cun
número de días de adianto ou atraso incluídas no intervalo indicado
na abcisa. Calcúlase seis intervalos de desvío na compleción de tarefas de forma dinámica.
* Valores negativos indican terminación antes de tempo.
* Valores positivos indican terminación con atraso.
Violacións de data de entrega
-----------------------------
Por unha banda calcúlase a marxe coa data de entrega de proxecto, se esta é configúrada. Doutra banda píntase un gráfico de sectores coa porcentaxe de tarefas
que cumpren a data de entrega. Inclúense tres tipos de valores:
* Porcentaxe de tarefas sen data de entrega configurada.
* Porcentaxe de tares finalizadas cunha data de terminación real posterior
á data de entrega configurada. A data de finalización real obtense
o último traballo rexistrado na tarefa.

40
doc/src/user/gl/index.rst Normal file
View file

@ -0,0 +1,40 @@
#######################################
Documentación de usuario da aplicación
#######################################
.. image:: images/logo.png
:align: left
No seguinte documento proporciónase a documentación de axuda necesaria para utilizar LibrePlan, a aplicación web de código aberto para a planificación de proxectos.
Esta documentación está organizada do seguinte modo:
En primeiro lugar descrébense os obxectivos fundamentais da aplicación e o comportamento global da mesma a modo introductorio e como contextualización xeral do uso da mesma.
A continuación introdúcense as entidades básicas que será necesario administrar para poder empregar todas as funcionalidades de LibrePlan e que se mencionarán nas seguintes seccións da documentación.
Posteriormente, detállanse os procesos completos de creación de pedidos e proxectos, planificación, asignación de recursos, imputación de avances e extración de resultados.
Este manual de usuario ten copyright da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia publicase cunha Licencia Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España.
http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/
#. `Introdución <01-introducion.html>`__
#. `Criterios <02-criterios.html>`__
#. `Calendarios <03-calendarios.html>`__
#. `Avances <04-avances.html>`__
#. `Xestión de recursos <05-recursos.html>`__
#. `Pedidos e elementos de pedidos <06-pedidos.html>`__
#. `Planificación de tarefas <07-planificacion.html>`__
#. `Asignación de recursos <08-asignacion.html>`__
#. `Partes de traballo <09-partes.html>`__
#. `Etiquetas <10-etiquetas.html>`__
#. `Materiais <11-materiales.html>`__
#. `Formularios de calidade <12-formularios-calidad.html>`__
#. `Usuarios <13-usuarios.html>`__
#. `Xestión de custos <14-custos.html>`__
#. `Informes <15-informes.html>`__
#. `Configuracion LDAP <16-ldap-authentication.html>`__
#. `Panel de indicadores <17-panel-indicadores.html>`__
#. `Acerca de <20-acerca-de.html>`__
#. `Licencia do Manual <99-licencia.html>`__